O noso Centro atópase en Cerceda, municipio da provincia da Coruña, e na contorna temos a sorte de estar o lado dun paseo fluvial do que soemos disfrutar moito cando o tempo nolo permite. Tamén estamos moi perto do Aquapark, aínda que o de tirarse dos tobogáns deixámosllo aos máis valentes, e mentras nós, disfrutamos dando un paseo o carón do rio e achegándonos a unha cafeteria próxima do noso centro, onde sempre nos tratan do mellorciño. Somos bastante viaxeiros, dúas veces o mes saimos de excursión: á Coruña para ver exposicións, de compras ou o cine as ferias de Carballo e Ordes, de romerías ou a comer fóra, non perdemos unha!.

Outra das cousas que nos encanta, son os obradoiros de cociña, dásenos ben facer case de todo (biscoitos, orellas, roscas, pizzas, pan....) e como non, ainda se nos da mellor comelos logo!. Tamén buscamos sempre o momento para botar unhas cancións,. ousexa, que nos gusta todo o que sexa pasalo ben!!!! Pero sen esquecer coidar o corpo e a mente, e fai pouco comezamos a andaina de contar co noso propio horto! Produto local!!